30 abr 2015

O 16 DE MAIO CELÉBRASE A XV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

A Décimo quinta edición da Mostra do Aceite, xa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, terá lugar o sábado día 16 de maio. A comisión organizadora decidiu no seu momento este atraso na data para tentar acadar unha mellora nas condicións climatolóxicas e na presentación do producto por estar máis decantado e clarificado.
Os actos comezarán xa o domingo día 10, á mediodía, cando se catarán na sala de catas do museo Etnográfico, os aceites inscritos para esta edición.
O sábado día 16, no lugar das Farrapas, a partir das once e media da maña poñerase en funcionamento o Muiño de Bendilló, para comezar coa demostración e elaboración tradicional do aceite.
Ás doce da mediodía cataranse os seis aceites participantes na mostra no interior da capela das Farrapas.
A unha e cuarto, actuacións de danza e música tradicional galega a cargo das agrupacións locias: Grupo de danzas San Martiño, Grupo de Gaitas O Recanto e a banda de gaitas San Martiño.

Durante toda a xornada no recinto feiral estarán a venda aceite e productos típicos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario