8 abr. 2015

MAÑÁ ABRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

            A Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, reuniuse onte na casa consistorial. Tras fixar a data para a súa celebración en anteriores xuntanzas, o 16 de maio; onte comezouse a últimar o programa así como a cata previa dos aceites participantes.
Ademáis destes temas a xuntanza centrouse nas condicións que deberán cumprir os aceites participantes e fixouse a data para realizar as inscripcións. Así, os olivareiros que queiran participar deberán de incribirse dende mañá xoves ata o día 14.
As condicións para poder participar, tendo en conta, que a número de colleiteiros será limitado a 6, son:
- Ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.
- Aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en aceite.
- E presentar unha mostra de 1 litro en envase de cristal para a análise correspondente.
A Comisión Organizadora recollerá mostras ao azar para a súa cata o mesmo día da Mostra.
A selección dos participantes farase tendo en conta o orde de incrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada e o resultado aceptable da análise químio e organoléptico que determinará o laboratorio especializado que se dispoña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario