8 abr 2015

NOVO ÉXITO DA FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Quiroga acolleu a fin de semana a súa Feira do Viño, nunha fin de semana na que as altas temperaturas propiciaron que centos de persoas acudisen a este evento, referente xa da semana Santa entre todas as citas gastronómicas da comunidade autónoma. Un ano máis os colleiteiros participantes amosaban a súa satisfación polas ventas acadadas, sobor de todo na xornada do sábado; que incluso antes de inaugurarse o recinto feiral, as casetas xa estaban abarrotadas de xente.
          Dez colleiteiros participaron na XXXIII Feira do Viño de Quiroga. Os viños de todos eles pasaron unha análise organoléctica nun laboratorio especializado e tamén a cata realizada polos membros da Confraría do viño de Quiroga.     
          Seguindo a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situabase na parte de arriba da rúa, á altura da casa consistorial.
          O encargado de inaugurar o feira deste ano, foi Severino Monteserín, secretario Xeral de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O acto de inauguración tiña lugar ás seis e cuarto da tarde, pero anteriormente os grupos Os do Recanto e a Banda de Gaitas San Martiño, xa facían un pasarrúas polo recinto feiral, anunciando o inicio da festa do viño.
          Ás seis e media as actuacións trasladábanse ata o Auditorio Municipal, onde actuaban as distintas agrupacións locais: a Coral Polifónica de Quiroga, foi a primeira en abrir o espectáculo.
          Tamén se facía entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, para esta entrega xa se contaba coa pregoeira desta edición que foi recibida nese momento cun ramo de flores.
A banda de gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga, serían os que completarían os actos desenvolvidos no Auditorio Municipal.
 Ás oito e media do serán, xa no palco, tiña lugar o momento máis multitudinario da feira, o pregón. Nesta edición a pregoeira da feira do viño de Quiroga foi Rocío Carrasco, coñecida dende sempre por ser filla da cantante Rocío Jurado. Rocío Carrasco, que era recibida con música da súa nai, comezaba o seu discurso confesando que este era o primeiro pregón que pronunciaba, pero non por eso deixou de estar á altura do que os espectadores agardaban, e tamén eloxiou os nosos caldos e tamén Quiroga e toda a Ribeira Sacra.
A popularidade da filla da cantante Rocío Jurado e do boxeador Pedro Carrasco, suxiu das súas frecuentes apracións na prensa rosa española e dos seus ocasionais desfiles como modelo. Despois empezou a súa carreira televisiva como copresentadora do programa de Telecinco "Cita con Apeles". De aí pasou a ser colaboradora no programa matinal de María Teresa Campos, "Día a día" (1997-2005).
          Na actualidade presta a súa imaxe a algunhas firmas comerciais e presentou un programa en Canle Sur chamada "Nacidas para cantar" xunto con María Teresa Campos. Dende xullo de 2014 e ata febreiro deste ano foi a presentadora do programa "Hable con elas" de Telecinco.
          Tras o pregón facíase entrega do premio do concurso de camisetas, para o que os participantes tiñan que subir ao palco para que fora a propia pregoeira a que decidira quen se merecía os 100 € de premio.
          O grupo Mosaico era o encargado da animación nocturna.
          O domingo, a charanga Madialeva animaba o recinto feiral durante toda a xornada. A partir das doce e media da mediodía, na casa consistorial, onde se recibían as autoridades invitadas á Feira, entre as que se atopaba o conselleiro de Industria, Francisco Conde, facíaselle a entrega de medallas aos colleiteiros participantes.
          Todos estes actos foron os que acompañen a unha feira que ano tras ano recibe a centos de visitantes para disfrutar de Quiroga, pero sobre todo do producto estrela, o viño. No que unha edición máis os colleiteiros amosaron a súa satisfacción polas vendas acadadas.
          Tamén o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, se amosou máis que satisfeito co exito acadado na XXXIII Feira do Viño de Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario