30 mar 2015

QUIROGA ACOLLE O 9 DE MAIO O "GEOLODÍA" DA PROVINCIA DE LUGO

          O instituto Universitario de Xeoloxía e a Universidade da Coruña, en colaboración co concello de Quiroga, organizan un percorrido xeolóxico pola serra do Caurel, o día 9 de maio. Trátase dunha excursión de campo guiada por xeólogos, totalmente gratuíta e aberta a todo tipo de público. Realízase en lugares interesantes polo seu ámbito xeolóxico, e proporciónase unha información rigorosa a nivel divulgativo. Permite ver estes lugares con "ollos xeolóxicos", e é tamén un xeito de sensibilizar a poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico.
          Estas excursións, que levan o nome de Geolodía, realízanse dende o ano 2011 por provincia, sendo unha iniciativa apoiada pola  Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra e o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.
          O "Geolodía" deste ano na provincia de Lugo parte do Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga para facer un interesante percorrido xeolóxico por toda a Serra do Caurel: miradoiro de Campodola (Sinclinal da Serra do Caurel, Mina da Toca, Cova da Buraca das Choias (Visuña), A Seara...

          Os interesados poden pedir información na Casa de Cultura de Quiroga 982435125 ou anotarse no enderezo electrónico xeaurora@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario