2 mar 2015

AMPLIADO O TALLER PARA PERSOAS CON ALZHEIMER A TRES DIAS SEMANAIS

        O concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, amplia esta semana o seu taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e  da memoria  en persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.   
      Este programa ten como obxectivo  a prevención e mellora  de enfermidades cerebrais, especialmente a enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da memoria.
          Tras a boa acollida deste obradoiros e os seus resultados, familiares dos participantes no obradoiro  de “estimulación cognitiva e psicomotriz”, que se desenvolvía en dúas sesións semanais en horario de mañá, pediron a ampliación deste obradoiro un día máis á semana.
          Tras esta petición e coincidindo co inicio deste mes de marzo, o concello ampliou estas sesión, polo que se desenvolverán os luns, mércores e venres, dende as once da mañá ata a unha da mediodía,

          Paralelamente a esta petición, dende o departamento de servizos sociais do concello mantense aberto o prazo de inscripción para novos participantes neste obradoiro que se desenvolve con  persoal da asociación  Afamon, Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario