18 mar 2015

PRESENTADAS AS TAPAS DO CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"

          20 establecementos participarán na 4ª edición do Concurso Quiroga de Tapas, organizado dende a oficina de xuventude, que se levará a cabo entre os días 26 de marzo e 3 de abril.
          Esta mañá dábanse a coñecer as tapas do concurso:
ADEGA DA MARIA: "A fogo lento"
A PEDRA: "Leito de espas con gulas e gambas" 
LAS PALMERAS: "Tosta de champiñóns" 
O PORTÓN: "Arroz con cogomelos, gambas e pementos do piquillo" 
RAPOSO: "Brocheta do val de Quiroga" 
QUIPER: "Duo de mar" 
A TABERNA: "Milfollas de solombo con crema de cogomelos" 
RUXE-RUXE: "Cordón blue primavera" 
LAGO: "Pastel de carne con salsa de cogomelos e crocante de queixo" 
FÉLIX: "Tosta de ovo en flor con chourizo" 
O ROXO VIVO: "Milfollas de berenxena rechea de porco ó romeiro con gratén de queixo de Arzúa" 
CASA TORRES: " Polbo a brasa" 
CHAPAKUÑA 3: "Carrillera estofada con compota de mazá, castaña e pataca crocante" 
O RECUNCHO DE DINO: "Ragut de porco ó viño tinto de Quiroga con verduriñas salteadas" 
FERREIRIÑO: "Reinterpretación do cocido galego" 
ESCALEIRA: "Ovo a baixa temperatura, falsas migas de pan de millo e lisco de porco celta" 
A CASA DA PEDRA: "Pemento recheo de bacallau con crocante de berenxena" 
CAFÉ MONBEL: "Carne con peras ó viño do val" 
A BARCA: "Empanada de lacón con grelos e cebola caramelizada" 
MESÓN DA CLARA: "Carrillera de tenreira en salsa de chocolate"

     O Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
          A tapa presentada ó concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 26 de marzo ao 3 de abril, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros.
           Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
          Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 15:00 horas do 4 de abril, data na que se recollerán as urnas para o reconto de votos.
          Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
          O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
         O cuarto concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 8 de abril na casa consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para sete participantes no concurso que gañarán diferentes premios.
- 300 €uros en metálico.
- Circuíto termal, estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas para dúas persoas.
- Estancia e almorzo para dúas persoas na Ferrería de Rugando.
- Estancia na Aldea Rural "O Busto", Pobra de Brollón, para dúas persoas .
- Estancia na Casa de Maside, Pantón, para dúas persoas.
- Visita ás instalacións e degustación de viño para catro persoas no Centro do Viño Ribeira Sacra.

- Produtos típicos Caurelor e Porvide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario