12 mar 2015

DISMINÚE A DELINCUENCIA EN QUIROGA

           A casa consistorial acolleu onte unha reunión ordinaria da xunta local de seguridade. Presidida polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, na xuntanza díxose unha análise global da situación delincuencial no municipio.
Segundo os datos de denuncias formuladas no 2014, a delincuencia rexitrou un lixeiro descenso en Quiroga con respecto ao ano anterior, sendo máis reseñable a baixada dos delitos contra o patrimonio, que se reduciron case á metade. Mantense deste xeito a tendencia iniciada a comezos do ano 2013.
Os integrantes da xunta de seguridade, representantes da Garda Civil, de Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local, destacaron ademais o aumento no grao de eficacia acadado na resolución e esclarecemento dos delitos que se rexistraron no municipio, e que atribuiron ao traballo e a colaboración entre os efectivos da Garda Civil e da Policía Local.
Segundo explicou o subdelegado do Goberno, a porcentaxe de delitos esclarecidos subiu lixeiramente en toda Galicia no 2014, pasando do 52 ao 53%, unha porcentaxe superada no concello de Quiroga.
Ramón Carballo informou na xunta sobre o traballo realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no marco do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas. O obxetivo deste plan e informar a alumnado, profesorado e Ampa sobre temas como o acoso escolar, o consumo de alcohol e drogas, a violencia de xénero ou os riscos do uso inaxeitado de internet e as redes sociais.
Ao longo do curso 2013/2014, os axentes impartiron 9 charlas nos centros educativos de Quiroga. Para o actual curso, están previstas xa 4 novas charlas no Colexio de Educación Infantil e Primaria, ademais dunha demostración de medios policiais.

A xuntanza rematou falando da seguridade nas festas municipais, comprometendose xa a estreita colaboración da Garda Civil cos axentes da Policía Local nas tarefas de vixiancia preventiva e de contros da orde pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario