27 dic 2013

A OBRA DE TEATRO AVÓS... NUNCA É TARDE REPRESÉNTASE HOXE NO AUDITORIO MUNICIPAL

A obra de teatro 'Avós, nunca é tarde', representarase ante o público de Quiroga esta tarde, a partir das sete, no Auditorio Municipal.

A obra, protagonizada por socios do centro social, trata da loita da filla dunha familia moi tradicional por conseguir que a vida no seu fogar sexa máis xusta e igualitaria.

          Esta obra forma parte do Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013 da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, programa pioneiro para que as persoas maiores sexan transmisoras dos valores da igualdade entre os seus netos e netas menores.


O programa consistiu na organización de obradoiros teatrais nos que se reflexiona sobre cuestións como a socialización diferencial por xénero, co obxetivo de utilizar o teatro como medio de intervención. O traballo deste obradoiro é o que poderemos ver hoxe no Auditorio Municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario