6 dic. 2013

O AUTOBÚS DE APOIO Á RIBEIRA SACRA ESTARÁ A PARTIR DO LUNS EN QUIROGA

          O autobús da campaña de apoio da candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade chegará a Quiroga o vindeiro luns, día 9. Ata o de agora o autobús leva recollidas 5.000 firmas por todos os concellos que visitou dentro da provincia de Lugo.
          O autobús permanecerá en Quiroga ata o mércores once de decembro, e estará situado na praza España, para que todos os veciños que o desexen poidan asinar no libro oficial da Unesco. Ademais de deixar a súa sinatura, poderán atopar material promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.
          O autobús promocional, rotulado con imaxes da propia Ribeira Sacra, que forma parte da campaña da Deputación Provincial de Lugo para promocionar por toda España a candidatura de la Ribeira Sacra a Patrimonio de la Humanidad está realizando un periplo por toda Galicia e estará en diferentes localidades no que queda de ano para recoller firmas de apoio á candidatura, ademais de repartir material informativo e publicitario sobre esta zona, formada por 21 municipios, 13 de Lugo e 8 deOurense.

          Posteriormente, a partir de 2014, ese autobús promocional desprazarase a outras localidades de España para recompilar apoios á candidatura fóra de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario