5 dic 2013

A MOSTRA DO ACEITE TRASLADARASE AO MES DE MAIO

      Hoxe  tivo lugar no Concello  a primeira reunión da Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, presidida polo Alcalde e coa asistencia dos colleiteiros e persoal da organización.

      Despois  de avaliar a pasada edición para mellorar  naqueles aspectos  que se poida,  e como cabe esperar, facer que esta XIV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA, recoñecida este ano como Festa de Interese Turístico de Galcia supere a tódalas anteriores. Os temas  tratados nesta primeira reunión foron os seguintes:

Escoller a data de celebración do evento que sufrirá un atraso no tempo pasando a celebrarse  no mes de maio, posiblemente o  día 18. Este atraso responde as seguintes razóns:
-Mellora na presentación do produto por estar máis decantado e clarificado.
-Mellora nas condicións meteorolóxicas, por ser esta mostra ao aire libre nun entorno privilexiado, permitirán aos asistentes disfrutar máis do evento e do entorno.
-Necesidade de establecer unha data fixa para este xa consolidado evento.

         Outro dos temas tratados foi a creación dun Comité de Cata integrado por persoas do municipio para a realización da mesma o día da mostra.

       As condicións de partición para as persoas interesadas en acudir a  mostra co produto son as  mesmas que en anos anteriores.
- A cantidade mínima que ten que posuír cada colleiteiro que desexe participar no certame  debe superar os 200 litros.
- Os participantes na mostra deben  aboar   100,00€  a hora de realizar a súa inscrición.




No hay comentarios:

Publicar un comentario