5 dic 2013

O CONCELLO ULTIMA AS ACTIVIDADES PARA O NADAL

      Dentro da ampla oferta cultural do Concello de Quiroga para as  Festas de Nadal, o día 20 ás 12:30h. terá lugar no Telecentro  unha videoconferencia con Papá Nöel a que poden acudir todos os nenos e nenas que o desexen para facer as súas peticións.
       Xa o sábado día 21 a partir das 19:00h. terá lugar no Auditorio Municipal  o Concerto de Nadal coa  actuación  da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música organizadas polas  Áreas de Educación e Xuventude.
    No transcurso de este acto, entregaranse os premios do Concurso de Postais e  do IV Certame de Relato Curto organizados dende Áreas de Xuventude e Educación.
      O día 22, coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de Títeres “ O Crebanoces”
       O día 27, o grupo de teatro do Centro Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de teatro “Avós…Nunca é Tarde”.

      A Programación de Nadal, que se prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe  numerosos actos para tódolos públicos. Cabe salientar o concerto didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o día 4 de xaneiro, a Cabalgata de Reis, a ludoteca de Nadal, Campionato de Fútbol de Nadal, obradoiros e campionatos nos pubs da vila. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario