9 dic. 2013

OS QUIROGUESES XA PODEN ASINAR NO AUTOBÚS PARA APOIAR A CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE


          O autobús da campaña de apoio da candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade chegou esta mañá a Quiroga. Ata o de agora o autobús leva recollidas peto de 6.000 firmas por todos os concellos que visitou dentro da provincia de Lugo.
O autobús permanecerá en Quiroga ata o mércores once de decembro, e estará situado na praza España, en horario das dez da mañá ata as duas e polas tarde de catro a seis, para que todos os veciños que o desexen poidan asinar no libro oficial da Unesco. O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, era dos primeiros en facelo esta mesma mañá. Ademais de deixar a súa sinatura, todas as persoas que se acheguen ata o autobús, poderán atopar material promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.
       O autobús promocional, rotulado con imaxes da propia Ribeira Sacra, que forma parte da campaña da Deputación Provincial de Lugo para promocionar por toda España a candidatura de la Ribeira Sacra a Patrimonio de la Humanidad está realizando un periplo por toda Galicia e estará en diferentes localidades no que queda de ano para recoller firmas de apoio á candidatura, ademais de repartir material informativo e publicitario sobre esta zona, formada por 21 municipios, 13 de Lugo e 8 deOurense.
       Posteriormente, a partir de 2014, ese autobús promocional desprazarase a outras localidades de España para recompilar apoios á candidatura fóra de Galicia.

      Patrimonio da Humanidade ou Patrimonio Mundial é o título conferido pola Unesco a sitios específicos do planeta que foron nomeados e confirmado para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade. O obxectivo do programa é catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural excepcional para a herdanza común da humanidade. Baixo certas condicións, os sitios mencionados poden obter financiamento para a súa conservación do Fondo para a conservación do Patrimonio da Humanidade. No ano 2013, o catálogo consta de 981 sitios, dos cales 759 son culturais, 193 naturais e 29 mixtos, distribuídos en 160 países. Italia ten o maior número de sitios (49) catalogados como "Patrimonio da Humanidade" seguida de España, China, Alemaña, Francia, e México. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario