Hoxe ás doce do mediodía, celebrábase unha nova sesión ordinaria do pleno da corporación municipal, a última do ano 2010.
A orde do día foi a seguinte:
- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión plenaria do día 28 de outubro de 2010.
- Moción do grupo municipal do partido popular sobre o día internacional para a eliminación da violencia de xénero contra as mulleres.
- Moción do BNG sobre os recortes sociais nos orzamentos de Galicia para o 2011.
- Moción tamén do grupo popular sobre o conflicto do Sáhara.
- Renuncia da alcaldía á dedicación exclusiva, con efectos do 1 de marzo de 2011.
- Resolucións da alcaldía, e por último rogos e preguntas.
O remate do pleno a corporación municipal felicitou o ano a todos os veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario