22 feb. 2013

QUIROGA ACOLLE ESTE DOMINGO A SÚA XIII MOSTRA DO ACEITE

Este domingo Quiroga celebra a súa XIII Mostra do Aceite no lugar das Farrapas en Bendilló. O programa da mostra abrirase ás once e media da mañá coa posta en funcionamento do muiño de aceite para que todos os visitantes poidan ver a súa elaboración tradicional.



Ás doce da mediodía, terá lugar a cata dos catro aceites presentes na mostra por parte de expertos na materia. As análises organolépticas que previamente pasaron estes aceites deron como resultado unha clasificación de Aceite de Oliva Virxe Extra, a máxima que se pode obter.



O laboratorio especializado ao que foron enviadas as mostras do aceite presentado por Jesús Bao Mondelo, Guillermo Nogueira Veloso, Inocencio Ogando García e Manuel Mondelo Rodríguez para o seu análise destaca deste xeito, unha vez más, a calidade do aceite que se produce en Quiroga.



Este será o primeiro ano no que os aceites se presenten coa contraetiqueta oficial de aceite de Quiroga, o que garantiza que indudablemente estes aceites son elaborados no municipio.



Na mostra, ademáis de poñerse a venda o aceite, participarán outros oito expositores con todo tipo de produtos típicos da zona de elaboración artesanal: castañas secas, doce de castaña, conchos, pan, viño, mel, licores etc. Incluso este ano haberá un expositor no que se poderán ver e mercar distintos tipos de pezas de carpintería elaboradas con madeira de oliveira.



Esta convocatoria, que xa forma parte destacada do calendario de festas gastronómicas e etnográficas de Galicia, tamén se contará coa música tradicional galega a cargo do grupo de gaitas San Martiño, do grupo de danzas do mesmo nome e do grupo de gaitas O Recanto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario