Dende a Área de Educación do Concello de
Quiroga, ofertase novamente para os nenos de 3 a 12 anos os Campamentos de
Verán 2016, que terán lugar de luns a
venres, agás festivos, durante os meses de xullo e agosto. Concretamente, do
venres 1 de xullo ao mércores 31 de
agosto, en horario de once da mañá a duas do mediodía.
A entrada será para todos/as nenos e nenas na
Casa da Cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos.
Todas as actividades estarán adecuadas á idade
dos nenos e nenas e haberá monitores
para cada un dos tres grupos de idade, e unha supervisora para os tres grupos. Na
piscina contarase cun socorrista para as clases de natación.
Para asistir aos campamentos, é necesario que
os nenos e nenas de 3 anos teñan autonomía, ademais todos deben traer nunha
mochila cómoda para eles, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno
tentempé, auga, muda e unha gorra.
Os
nenos e nenas de 3 a 5 anos comezarán os campamentos con obradoiros de inglés
ou expresión matemática, plástica, musical ou contando historias dependendo do
día. A segunda hora estará ocupada por xogos e expresión corporal. As xornadas
rematarán con natación e xogos na piscina.
Os nenos
e nenas de 6 a 8 anos comezarán con reforzo escolar ou obradoiros manuais, de
inglés ou plásticos dependendo do día. A segunda hora estará enfocada a
disitintos tipos de xogos para rematar tamén con natación e xogos na piscina.
Finalmente os nenos e nenas de 9 a 12 anos,
comezarán, dependendo do día con coñecemento do mundo, reforzo escolar ou
obradoiros de inglés. A segunda hora estará centrada tamén nos xogos e deportes
para rematar a última hora con natación e xogos na piscina.
Os campamentos teñen un custo por neno de
25 €/mes para os empadroados en Quiroga e de 35 €/mes para os non empadroados.
Os irmáns que asistan aos cursos terán un desconto de 5 €/mes por irmán. Os
asistentes de menos de 15 días pagarán 13 € por semana.
As
persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben realizar a
inscripción na Casa da Cultura antes do luns día 27 de xuño. O pago das cotas
realizarase a principios de cada mes. Aquelas persoas que veñan de vacacións a
Quiroga poderán inscribirse en calquera momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario