Quiroga acollerá a venres 5 de agosto a XI Festa da Comunidade que un
ano máis formará parte do inicio das festas de verán.
A festa, que se
desenvolve no parque da Constitución acolle unha cea de paella, que por suposto
irá acompañada de pan e bebidas. A sobremesa será unha tarrina de xeado.
Todas as persoas que
queiran participar desta cea para a que se instalarán mesas e sillas, xa poden
recoller a súa entrada, ao prezo de 6 € e á venda na casa da Cultura, no Centro
Social, na librería Carmen, en Todo 100, en Loterías Ana e nos bares As
Palmeras, O Portón, Quiper, Lago, Félix, Zorro, O Recuncho de Dino e o bar
Dakar.
Como remate da festa,
a partir das once da noite, a banda Folk de Ribas de Sil ofrecerá un concerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario