O alcalde de Quiroga,
Julio Alvarez, asinou o martes coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel
Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o
convenio de adhesión do noso municipio ao Programa de Vivendas.
A conselleira de
Vivenda destacou que Quiroga se convérteu no primeiro concello da provincia de
Lugo que se suman a esta iniciativa, elevándose a 13 os municipios de Galicia
que forman parte deste programa da Xunta
O obxectivo do
programa é crear unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social,
incorporando as vivendas de organismos, particulares e empresas que non se
atopen habitadas contando, para isto, coa colaboración das Administracións
locais.
Este convenio fixa un
prezo máximo da renda do alugueiro –de 200 € -, e a contía virá determinada
polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos
beneficiarios.
A conselleira explicou
que se trata de que o alugueiro resulte de interese, tanto para o arrendador
como para o arrendatario: que ao propietario lle compense incorporar a vivenda
baleira a este programa pola renda que vai recibir e que o beneficiario pague
un alugueiro asequible que é compatible, ademais, con outras axudas que poida
percibir, tanto do Concello, como da Xunta.
As vivendas que se
incorporan a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se
financian un seguro multirrisco do fogar e un de garantía de cobro da renda,
con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade e tranquilidade aos
arrendatarios. Con estes seguros que financia a Xunta o propietario ve como o
piso que cede en alugueiro para axudar ás familias está totalmente asegurado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario