A Biblioteca Pública Municipal de Quiroga convoca o Certame de Poesía
Infantil “Nadal 2016”de acordo as seguintes bases :
1- Poden
participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O Nadal”.
2- Establécense
tres categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos,C, de 12 a 16 anos.
3- Cada
autor poderá presentar cantos traballos desexe.Os poemas estarán escritos en
galego e a súa extensión será como máximo dun folio por una soa cara. Con cada
traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
4- O
prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro día 15 de decembro,
debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Municipal.
5- O
xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada categoría e
modalidade un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu
diploma e libros.
6- Os
traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do
Certame, convocado pola Bilioteca Provincial de Lugo, co patrocinio da
Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7- O
fallo do xurado local farase público antes de rematar a segunda quincena de
decembro de 2016.
8- Os
traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública Municipal
que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9- Todas
as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10- A
presentación das obras a este certame
supón a aceptación das presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario