O Concello de
Quiroga presenta a ampla oferta cultural
para as vindeiras Festas de Nadal.
Ademais do Certame de Poesía de Nadal e do Concurso de
Postais, xa convocados co gallo do
Nadal, nos vindeiros días desenvolveranse
distintas actividades nas que poderán participar todos os veciños e
veciñas segundo os seus intereses.
Xa o sábado día 17 a partir das 19:00h. terá lugar no
Auditorio Municipal o Concerto de Nadal
coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de
Danzas “San Martiño”, a Banda de Gaitas “San Martiño”, o Grupo de Danzas “Arume
de Queiruga” e os Alumnos que acoden ás
clases de piano e guitarra organizadas
polas Áreas de Educación e Xuventude.
No transcurso de este acto,
entregaranse os premios do Concurso de Postais, do X Certame de Relato Curto e do Certame de
Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Municipal.
O día 21 ás 11:00h.
terá lugar na Aula Cemit da Casa da Cultura
unha videoconferencia con Papá Nöel á que poden acudir todos os nenos e
nenas que o desexen para facer as súas peticións. Nesta actividade colabora o
CEIP. de Quiroga do que asistirán os/as alumnos/as de infantil.
A xuventude pode participar nos Campionatos de Nadal que se
desenvolverán nos Pubs da Vila dende o
día 23 ata o 30 de decembro.
No eido deportivo,entre os días 27,28,29 e 30 haberá un
Torneo de Fútbol- Sala e o día 31
a “II Carreira Marcha Solidaria
San Silvestre”.
O día 28 o Apalpador
visitará Quiroga percorrendo as súas rúas gracias aos alumnos e alumnas do
curso de teatro que son os organizadores desta iniciativa.
A Área de Educación, entre outras actividades, ten organizado para os día 22 e 23 a
“Ludoteca de Nadal” , Obradoiros Infantís de Nadal para o día 28 pola mañá.
Tamén o día 2 terá lugar no Pavillón Polideportivo Municipal Animación Infantil
con Inchables gratuíto para tod@s nen@s que queiran participar.
O Centro Social organiza para os socios varias actividades
de convivencia social así o día 22 ten organizada unha merenda cea para celebrar xuntos o Nadal, ademais haberá
bailes todos os domingos do mes.
O día 5 terá lugar a tradicional Gran Cabalgata de Reis que percorre as rúas
da vila e rematará no Auditorio Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario