O Concello de Quiroga,
organizou para o17 de maio, Día das Letras Galegas, os
seguintes actos:
Ás 12:30 h, no
Concello, terá lugar a entrega de
premios aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas, 2018, na
súa fase local convocado pola Biblioteca Pública Municipal e na súa fase
provincial pola Biblioteca Nodal de Lugo coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de
Galicia.
Trala entrega destes premios, a unha do mediodía e no Salón de Sesións do Concello , comezará o Acto Solemne de Nomeamento de Filla Adoptiva
de Quiroga á Sra. Dª. Celia Díaz Núñez,
escritora galega nacida no Páramo pero
que aos poucos anos se trasladaba a
vivir a Quiroga, a terra da súa nai.
Celia é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía
Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela; e tamén diplomada en
Maxisterio pala Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo.Na actualidade reside en Ourense, onde exerce como
profesora de lingua e literatura galega en ensino secundario.
Como escritora posúe unha extensa carreira literaria,
cultivando xéneros como o teatro, o
ensaio ou a novela; tamén, é autora de libros de texto de lingua galega de
educación secundaria.
O pasado ano presentou a súa última novela "Unha verdade
amarga", editada pola editorial Galaxia.
Pola súa dilatada e gran carreira literaria conta con varios
premios literarios: Foi gañadora do Premio Pura e Dora Vázquez na 1ª e 9ª
edición coas obras “Adeliña” e “Rugando”
(publicadas en 2004 e 2012, respectivamente). Tamén gañou o II Premio Internacional Barriga Verde
de textos para teatro de monicreques coo obra “Cataventos e Cía”.
Pola súa relación con
Quiroga moitas das súas obras están ambientadas en aquí: "Rugando"
(narrativa) 2012; "A boca do monte" (narrativa) 2016; "Voces da
Terra. Quiroga e os seus escritores" (ensaio) 1995;
E tras o acto solemne, todos os presentes sairán as portas da
Casa do Concello onde dará comezo a actuación Grupo de Gaitas local “O Recanto”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario