15 may 2010

ENTREGA DOS PREMIOS DE POESÍA E DEBUXO

O Concello de Quiroga, con motivo do Día das Letras Galegas fará entrega de diversos premios, a partir das 13:15h. no Salón de Sesións do Concello. Trátase dos premios dos seguintes concursos:

*Certame de Poesía organizado pola área de xuventude do Concello de Quiroga
CATEGORÍA NON LOCAL DOURADA
                        1º PREMIO: JESÚS ALFONSO PARADA JATO.
CATEGORÍA LOCAL INFANTIL
                        1º PREMIO: MARTÍN RODRÍGUEZ BELL.

*Concurso de Debuxo e exposición dos traballos presentados ó mesmo ó longo de varios anos, ambas actividades organizadas pola área municipal de educación social.
CATEGORÍA A: nenos/as de 4 a 6 anos:
                        1º PREMIO: NURIA RAMOS DOS ANXOS
CATEGORÍA B: nenos/as de 7 a 10 anos:
                        1º PREMIO: NEREA LEMOS MUÑOZ
                        2º PREMIO: LUCÍA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ.
                        3º PREMIO: MARTA CAMPOS MATEO.

12 may 2010

II LIBRO CARTAS DE AMOR "VILA DE QUIROGA"

O vindeiro luns, con motivo do Día das Letras Galegas, o concello de Quiroga presentará o segundo libro Cartas de Amor Vila de Quiroga.

O primeiro dos libros publicouse no ano 2006 en el recollíanse as cartas gañadoras dos tres primeiros certamenes. Agora, neste segundo libro recollense as cartas dos gañadores do 4º, 5º e 6º certame convocado polo concello de Quiroga a través da Oficina de Xuventude.

No cuarto certame os gañadores na categoría de cartas non locais foron para as cartas tituladas: “Dende alén do mar”; “El amor no tiene edad” e “Grazas por ser como es”. Na categoría de cartas locais o premio foi para “Querido caramelo”. Todas elas participaban na subcategoría dourada.

No quinto certame do concurso o premio para a carta non local foi para a titulada“Por vos”; e na categoría local para “Ola Rubén”. Ademais houbo un accésit para a carta titulada “Ola, meu ceo”.

No sexto certame de Cartas de amor, as premiadas foron as cartas tituladas: “Quiero decirte”, “Amor de corazón”, “La más bonita de todas las fiestas” e “Carta para eme”. Nesta ocasión tamén se fixo entrega dun accésita á Asociación de axuda ó enfermo mental da Mariña por todos os seus traballos.

Todas estas cartas están recollidas no libro editado polo concello de Quiroga e que se presenta oficialmente coincidindo cos actos programados para o día das Letras Galegas.

11 may 2010

O CONCELLO DE QUIROGA ORGANIZA OS ACTOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O concello de Quiroga organizou diversos actos para conmemorar o vindeiro luns día 17 de maio, día das Letras Galegas.

Os actos organizados comenzarán a unha e cuarto da mediodía coa recepción na casa consistorial ós distintos colectivos culturais do municipio. Trala recepción presentarase o segundo libro “Cartas de amor vila de Quiroga”. Tamén se aproveitará para entregar os premios do certame de poesía organizado pola área de xuventude e do concurso de debuxo da área de educación social. A recepción rematará coa actuación da banda de gaitas San Martiño.

Pola tarde, a partir das oito do serán o auditorio municipal acollerá unha obra de teatro infantil titulada “Erase unha vez… unha estantería” a cargo do grupo Mundo Piruleta.

10 may 2010

MEDIO CENTO DE QUIROGUESES PARTICIPAN NO PRIMEIRO TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO A PE

O concello de Quiroga organizou un percorrido polo tramo do Camiño Francés que discorre por Galicia andando. Trátase de recorrer o tramo dende o Cebreiro ata Santiago de Compostela, 144,7 Km en total, en sete etapas que se realizarán os sábados.

A primeira das etapas realizouse o sábado; e comprendeu o tramo entre o Cebreiro e Triacastela, un total de 21,1 Km. Nesta etapa que os peregrinos comenzaron saindo de Quiroga ás oito e media da mañá, participaron 54 persoas.

Dividiron a xornada en duas etapas, pola mañá empreñaron tres horas para facer un recorrido de aproximadamente 12 Km deixando para a tarde 9 Km. Sobre as oito da tarde estaban novamente de regreso en Quiroga.

A vindeira etapa realizarase o sábado día 22 de maio, e comprende o tramo entre Triacastela e Sarria, un total de 18,3 Km.


6 may 2010

O PLENO APROBA OS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS

A Corporación municipal celebrou onte a partir das doce e media da mediodía, unha longa sesión plenaria ordinaria na que o punto máis destacado foi a aprobación dos presupostos para o exercicio 2010.

A sesión plenaria comenzaba coa aprobación da acta correspondente a sesión plenaria do día 25 de febreiro. Cos votos en contra da oposición aprobouse o expedente de recoñecemento extraxudicial de créditos.

O terceiro punto da orde do día era a aprobación do orzamento xeral da corporación para este ano. O voceiro do BNG acusou o alcalde de inflar os presupostos, mentres que o do PSOE dixo que estes presupostos eran turbios. O rexedor local pola súa banda calificou os presupostos de continuistas, serios e rigurosos.

Cos votos a favor do PP os votos en contra do PSOE e coa abstención do BNG desestimaronse as alegacións dos propietarios dos terreos incluidos no expedente de expropiación forzosa para o proxecto de dotación de servicios socioculturais ó barrio da Ribeira.

No punto relativo á ratificación dos acordos da Xunta de Goberno Local sobre o plan de desenvolvemento xitano e ó plan de desenvolvemento da prestación de servicios sociais para o ano 2010, o BNG quixo saber se estes plans servian para algo, mentras que o PSOE esixiu que se lle rendisen contas das subvencións concedidas baixo estes plans.

Por unanimidade adxudicouse unha praza de garaxe na Praza de España. E finalmente, tamén por unanimidade aprobouse o regulamento da marca rexistrada Aceite de Quiroga.

5 may 2010

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS NO MUSEO ETNOGRÁFICO

O Museo Etnográfico acolle durante todo este mes de maio, unha exposición de maquetas de Vicente Blanco Gómez, veciño da Enciñeira.

A exposición acolle unha quincena de maquetas de considerable tamaño realizadas maioritariamente en pedra e madeira, que son réplicas de edificacións da zona. Entre as que destacan as maquetas da igrexa da Enciñeira e da igrexa de Montefurado, ou unha lareira con todo o seu mobiliario.

O museo etnográfico ten aberta a exposición os sábados, domingos e festivos en horario de doce a unha da mediodía.

4 may 2010

UN CENTRO MULTIUSOS PARA A ZONA DA RIBEIRA

A goberno municipal ten intención de dotar a zona da Ribeira dun centro multiusos. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, falaba no programa Audiencia Pública de que este proxecto está supeditado a que o concello consiga os terreos onde levantar a construcción.