O vindeiro luns, con motivo do Día das Letras Galegas, o concello de Quiroga presentará o segundo libro Cartas de Amor Vila de Quiroga.
O primeiro dos libros publicouse no ano 2006 en el recollíanse as cartas gañadoras dos tres primeiros certamenes. Agora, neste segundo libro recollense as cartas dos gañadores do 4º, 5º e 6º certame convocado polo concello de Quiroga a través da Oficina de Xuventude.
No cuarto certame os gañadores na categoría de cartas non locais foron para as cartas tituladas: “Dende alén do mar”; “El amor no tiene edad” e “Grazas por ser como es”. Na categoría de cartas locais o premio foi para “Querido caramelo”. Todas elas participaban na subcategoría dourada.
No quinto certame do concurso o premio para a carta non local foi para a titulada“Por vos”; e na categoría local para “Ola Rubén”. Ademais houbo un accésit para a carta titulada “Ola, meu ceo”.
No sexto certame de Cartas de amor, as premiadas foron as cartas tituladas: “Quiero decirte”, “Amor de corazón”, “La más bonita de todas las fiestas” e “Carta para eme”. Nesta ocasión tamén se fixo entrega dun accésita á Asociación de axuda ó enfermo mental da Mariña por todos os seus traballos.
Todas estas cartas están recollidas no libro editado polo concello de Quiroga e que se presenta oficialmente coincidindo cos actos programados para o día das Letras Galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario