11 jun 2010

O REXEDOR LOCAL FALOU EN AUDIENCIA PÚBLICA SOBRE OS CAMBIOS NA ZONA DOS PUBS

O Alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, falou no programa da TMQ, Audiencia Pública, da nova regulación do tráfico na recén reurbanizada zona dos pubs, que entrará en servicio a finais da vindeira semana, facendose eco dunha vella reivindicación dos veciños da zona.
Ademáis apuntou que queda aberta a posibilidade de que se os veciños non están dacordo coa nova regulación se poida cambiar se a maioría así o pide.

A AREA SOCIAL DO CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A MARCELLE PARA NENOS DE 6 A 12 ANOS

A área social do concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación Provincial, organizou unha excursión a Marcelle Naturaleza, para nenos de 6 a 12 anos.

A excursión que se realizará o luns día 28 de xuño, inclue a visita ó parque, á reserva natural e a participación nun taller de tiro con arco.

Os participantes irán acompañados por duas monitoras e sairán dende a casa da cultura ás 10 da mañá, para regresar o mesmo sitio ás sete da tarde.

Ademáis os participantes terán que levar a comida da casa e abonar unha cuaota de 11 € que é o prezo da entrada do parque.

Todolos rapaces interesados deberán de inscribirse na casa da cultura antes do luns, 21 de xuño.

10 jun 2010

A ZONA DOS PUBS CONTARÁ CON NOVA REGULACIÓN DO TRÁFICO PARA SER SEMIPEATONAL

O rexedor local, Julio Alvarez, e o concelleiro, Angel Rodríguez, reuníronse na tarde de onte cos veciños da zona dos pubs para comunicarlles que as rúas desta zona que se estiveron reurbanizando van quedar abertas á circulación en breve. Na xuntanza tamén lles comunicaron como vai quedar a circulación na zona que se constitue como semipeatonal.

Unha das novidades máis salientables é que dende a cámara agraria ata correos a rúa vai ser de dirección única de xeito que os vehículos deberán vir nesa dirección pero para facer o recorrido inverso deberán utilizar a rúa Anxel Fole. Coa decisión de que estas duas rúas sexan de sentido único permitirase aparcar por ambos lados da calzada.

A rúa Victorino Nuñez quedará pechada ó tráfico polo que tampouco se poderá aparcar na zona e incluso se pechará con pivotes.

Ós residentes na zona concederanselle tarxetas que lles permitirán acceder os seus garaxes por zonas restrinxidas ó paso de vehículos.

8 jun 2010

A PIQUES DE COMENZAR A CONSTRUCCIÓN DAS PISTAS POLIDEPORTIVAS

No prazo duns días comenzarán as obras das duas pistas polideportivas ó aire libre ubicadas no parque da Constitución e no entorno do Colexio de Infantil e Primaria e o Auditorio Municipal. Dende a alcaldía do concello de Quiroga agradase que estas novas dotacións deportivas entren en servicio a principios do mes de agosto.

As pistas son descubertas e contarán con peches metálicos de tres metros de altura, de tal xeito que se poidan practicar sen problemas deportes como tenis, baloncesto, balonmán ou voleibol. A situada entre o colexio e o Auditorio centrarase preferentemente na práctica do tenis.

Con esta distribución nos dous estremos da vila quiroguesa dende o concello pretenden que todos os veciños teñan preto dos seus domicilios as infraestructuras necesarias para a práctica destes deportes.

A dotación destes dous espacios supón unha inversión de 120.000 €, inversión para a que o concello contará coa colaboración da Xunta de Galicia.

7 jun 2010

72 QUIROGUESES BENEFÍCIANSE DE SINTONIZADORES DE TDT

O rexedor local, Julio Alvarez, facía entrega o venres no salón de plenos da casa consistorial de 23 novos sintonizadores de TDT, dentro do plan de apoio para facilitar o acceso á Televisión Dixital Terrestre, posto en marcha polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio en colaboración co concello de Quiroga.

Os beneficiarios destes sintonizadores tiñeron que solicitalo previamente nas oficinas de servicios sociais e familia do concello e cumplir os requisistos esixidos polo Ministerio de Industria.

Os requisitos eran:

* Pertencer a un dos colectivos en risco de exclusión cumplindo a lo menos un dos seguintes criterios:

> Ter unha discapacidade visual ou auditiva recoñecida con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

> Ser mayor de 65 anos con grao de gran dependencia ou dependencia severa en niveis 2 e 3.

> Ou ser mayor de 80 anos e vivir só ou en compañía doutra persoa mayor de 80 anos.

* Ademais de cumprir un destes requisitos, o solicitante non podería ser beneficiario de ningún plan de apoio, xa sexa da administración xeral do estado ou da comunidade autónoma, nin dispoñer xa de sintonizador de TDT no seu domicilio.

O concello xa fixera duas entregas de sintonizadores de TDT polo que agora xa son 72 quirogueses os que se beneficiaron desta axuda

3 jun 2010

SENDEIRISMO DE LIMPEZA POLO RÍO QUIROGA

A Área Social do concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación Provincial, organízou unha actividade de “Sendeirismo de limpeza polo río Quiroga”, dirixido a nenos e nenas de 10 a 12 anos.

Unha vintena de rapaces comenzaban onte esta actividade que continuará todolos mércores do mes de xuño de 18:30 a 20:00 horas e consistirá en limpar as beiras do río, xunto con dous monitores ó mesmo tempo que coñecerán a flora e fauna existente neste lugar.

A vintena de rapaces que iniciaron esta actividade comenzaron a tarde disfrutando no paseo fluvial dunha merenda a que foron convidados para coller forzas para o traballo que ían realizar.
O rexedor local, Julio Alvarez, e a concelleira da área social, Ana Ñúñez, supervisaron onte esta actividade deportiva, educativa e lúdica xa que os rapaces fixeron sendeirismo por un lado, por outro, limparon un tramo das beiras do río, aprendendo tamén a separar e reciclar o lixo que recolleron e ademáis tiveron tempo libre para xogar e merendar mentres coñeceronn unha parte importante do noso pobo, como é a fauna e flora existentes no lugar.

Como premio polo traballo que realizarán durante todo este mes os participantes terán unha camiseta e unha mochila diseñadas por eles mesmos.
Ademais agradase que este programa medioambiental que se vai desenvolver no paseo fluvial do río Quiroga teña continuidade no mes de setembro, pero nesta ocasión dirixido ó público xuvenil, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, e estará subvencionado pola Consellería de Traballo.

1 jun 2010

NOITES ALTERNATIVAS PARA OS MOZOS

Dende a Oficina de Xuventude do Concello de Quiroga, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizouse o programa Noites Alternativas, que se desenvolverá todolos sábados do mes de xuño.

O programa dirixido a mozos de entre 12 e 31 anos, desenvolverase na Casa da Cultura dende as dez da noite ata a medianoite. Os rapaces que acudan, para o que non se precisa inscripción previa, poderán elexir entre distintas actividades: lectura na biblioteca, xogos de mesa na ludoteca, fútbolín e scalextric na entrada da Casa da Cultura ou play e internet no telecentro.

Como estas actividades van dirixidas a mozos a partir dos doce anos, contarán cun monitor para levar adiante esta actividade coa atención que se merecen.