14 abr 2017

ESTA TARDE DISPÚTASE A XIII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO

A décima terceira edición da carreira popular Feira do Viño terá lugar esta tarde. O prazo de inscripción pechouse na proba absoluta con 211 inscritos. Entre todas as probas hai inscritos 330 corredores, pero os corredores que participan nas categorias menores ainda contan coa posibilidade de inscribirse antes da proba diante da Casa do Concello, onde está situada a saída e a meta, polo que este número pode verse incrementado.

      Ás catro e cuarto comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta. 
     

Ás cinco da tarde comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.000 metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó lugar de partida. Neste punto comeza a segunda parte, na que os participantes terán que completar duas voltas por un tramo do paseo fluvial.

       Este ano a proba de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.



 Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais.

1 abr 2017

A ACTRIZ EVA ISANTA, PREGOEIRA DA XXXV FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


EVA ISANTA


PREGOEIRA DE LA XXXV EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO
DE QUIROGA
      Eva María Isanta Foncuberta. Actriz española coñecida por interpretar, entre outras, a Bea na serie de televisión Aquí no hay quien viva e a Maite Figueroa, la Cuqui,en La que se avecina, será a pregoeira da trixésimo quinta edición da Feira do Viño de Quiroga.
     Estudante de Arte Dramática, compaxinou os estudos de Imaxe e Son coa arte de interpretar na Escola de Cristina Rota.
   O debut oficial da actriz, produciuse en 1990 en Alcalá de Henares, personificando en Don Juan Tenorio a dona Inés, xunto a Luís Merlo. Máis tarde, e da man do director Ricard Reguant, tivo a oportunidade de converterse na «moza mala» da película, un personaxe vital e enérxico, na obra Asesino xunto a Ramón Langa e Paca Gabaldón.
     Tamén tivo a ocasión de facer incursións en televisión. Farmacia de guardia, unha serie que marcou un fito na televisión española, ofreceulle ser Isabel, a filla maior de Concha Cuetos e Carlos Larrañaga, e quizá este fose o papel que máis popularidade deulle ata a súa chegada a Aquí no hay quien viva.
    O cinema chamou ás portas de Eva Isanta. En 1994, participou en Por fin solos!, onde estivo acompañada por Alfredo Landa, Amparo Larrañaga, Juan Luís Galiardo e Luís Merlo, entre outros. Tempo despois, baixo a dirección de César Vallejo de Castro, protagonizou as curtametraxes El dolor e la lluvia e Amores circulares, este último, premiado co máximo galardón do Latín Cinema Festival (Lacinemafe) de Nova York.
     Eva Isanta regresou ao teatro en 2001 con La tentación vive arriba, dirixida por Verónica Forqué, converténdose en Elena; esta obra cultivou críticas dispares e converteuse na representación teatral do ano.
    A actriz non só se dedicou a interpretar, senón que tamén actuou como axudante de dirección de Ricard Reguant (Misery, 1999) e Carles Sans (Familia, 2001).
     A pesar de actuar noutras series e realizar aparicións esporádicas en televisión, Aquí no hay quien viva establece un punto e aparte na vida profesional de Eva. O personaxe de Bea permitiulle ser candidata aos Premios da Unión de Actores. Tras máis de dous anos interpretando a Bea, incorporouse á repartición de série continuación da anterior, La que se avecina, na que, desde 2007, interpreta a Maite Figueroa, tamén coñecida como La Cuqui.
      Recentemente recibiu o Premio á Mellor Actriz Humorística na 7ª edición do Smile Festival, Festival Europeo da Publicidade e o Humor.

31 mar 2017

PRESENTADAS AS TAPAS QUE PARTICIPAN NO 6º QUIROGA DE TAPAS

     Os dezasete establecementos que este ano participan na 6ª edición do Concurso "Quiroga de Tapas" organizado a través da Área de Xuventude, xa presentaron a tapa coa que van participar:

A Pedra: Saquiños de filloa recheos de bechamel, espinacas, piñóns e crujiente de bacon
Adega da María: O meu pensamento
Ruxe-Ruxe: “Sen florituras”
Ferreiriño: Torre do Castelo con mousse de piquillo
As Palmeras: “Bikos”
O Portón: Revolto de pemento con galiña trufada
Casa Torres: “Un guiño asiático”
Chapakuña 3: De toda a vida e para toda a vida
Bar Raposo: Feixó recheo de grelos de Quiroga, queixo de Arzúa e polo da casa
O Roxo Vivo: Blanqueta de carrilleiras con puré de castañas e verduriñas
O Recuncho do Dino: Tartar vexetal con langostinos
Dimar: Delicias de solombo con castañas e mel
Quiper: “Tudo Gustoso”
Dakar:  Espetada Dakar
Taberna: Petisco da Taberna
Lago: Lombo de porco regado con salsa de cogumelos acompañado de patacas     onduladas
Félix: Feitizo.
O concurso estará aberto dende o día 6 ata o 14 de abril.

Cóntase con numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Tamén o establecemento gañador da mellor tapa terá premio, xa que recibirá 100,00€ e unha praca conmemorativa.

22 mar 2017

O DÍA 1 DE ABRIL CELEBRARASE A CATA DOS VIÑOS PARTICIPANTES NA XXXV FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA A CARGO DA CONFRARÍA DO VIÑO DE QUIROGA

    Dentro dos asuntos que tratou recentemente a comisión organizadora da XXXV edición da Feira do Viño, foi o de elexir data para a cata dos viños que se inscribiron o certame vitivinícola e que correrá a cargo dos membros da Confraría do Viño.

Deste xeito o acto de cata dos nove viños inscritos no certame, fixouse para o sábado día 1 de abril co seguinte programa:

-Ás 12:15 h: reunión dos confrades na Casa do Concello de Quiroga.

-Ás 12:30 h: desfile dos confrades dende a Casa do Concello ata a sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga.

-Ás 13:00 h: cata dos viños aspirantes á XXXV Feira do Viño de Quiroga.

-Ás 14:00 h: a Confraría celebrará unha asamblea anual na que se presentarán as contas e convocaranse as eleccións a renovar a directiva.

Os viños que non pasen o examen do panel de cata e outra serie de analíticas que se realizan nun laboratorio especializado non poderán acudir cos seus caldos o certamen.



O CENTRO DE INFORMACIÓN A MULLER ORGANIZA UN CURSO DE COCIÑA CREATIVA PARA O VINDEIRO MES DE ABRIL

O  Centro de Información á Muller, dependente da Area de Igualdade do Concello, vai levar a cabo o vindeiro mes de abril un Curso de Cociña Creativa para ocasións especiais.
O curso estará impartido polo cociñeiro José Luis Lemos Páez, e desnvolverase nas instalacións da cociña do CEIP de Quiroga, tódolos xoves do mes de abril, dende as cinco as sete da tarde.
 As persoas interesadas, tanto mulleres como homes, poden anotarse no CIM ou na Casa do Concello, nos teléfonos 982 43 89 51 e no 982 42 80 01, tendo de prazo ata o vindeiro 25 de marzo.

17 mar 2017

VI EDICIÓN DO CONCURSO "QUIROGA DE TAPAS"

O Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude, convoca a 6ª edición do Concurso "Quiroga de Tapas" que este ano se desenvolverá entre os días 6 e 14 de abril.
Este ano participan os seguintes establecementos da vila:
Adega de María, Bar as Palmeras, Bar o Portón, Bar Raposo, Bar Quiper,  A Taberna, Pub Ruxe-Ruxe ,  Bar Lago, Bar Félix, Restaurante o Roxo Vivo , Casa Torres, Bar Chapakuña 3 , O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Ciber-Café A Pedra, Restaurante Dimar,  Bar Dakar.
Na presente edición cóntase con numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes.
Os premios aos que poden optar son os seguintes:
- 300 euros en metálico.
- Circuito termal, estancia, almorzo e comida para 2 persoas no balneario de Augas Santas (Pantón)
- Estancia e almorzo para dúas persoas en Hospedería Ferrería de Quintá (Quiroga)
- Estancia para 4 persoas nunha casa completa na aldea rural “O Busto” (Pobra do Brollón)
- Estancia e almorzo para dúas persoas na Ferrería de Rugando (Quiroga)
- Estancia para 2 personas en Molinos de Antero (Monforte)
- Un almorzo para 2 persoas en “Jardín de las Delicias” (Monforte)
- Unha comida para dúas persoas en “El Convento” (Monforte)
- Cea para 2 persoas en “Chapakuña 3” (Quiroga)
- Cea para 2 persoas no restaurante-tapería “La Fábrica” (Monforte)
- Produtos típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e Morriña.
Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100,00€ e unha praca conmemorativa.

15 mar 2017

O CONCELLO ORGANIZA O CONCURSO DE CAMISETAS DA XXXV FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

      Dentro das actividades organizadas polo Concello de Quiroga con motivo de XXXV edición da  Feira do Viño de Quiroga, inclúese novamente o concurso de camisetas o sábado día 15 de abril.

         Neste concurso poden participar todos os grupos e colectivos a partir de catro integrantes, que o desexen.

     A temática reflexada no diseño e o lema das camisetas estarán relacionados coa Feira do viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a personas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.

          Os participantes deben inscribirse na Casa da Cultura antes do  12 de abril; tamén no facebook da OMIX de Quiroga e incluso o  propio día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.

          Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do pregón, para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será a propia pregoeira da feira.

         En canto ó premio deste concurso estabreceuse un só premio, que consiste nun trofeo e 100 € en metálico.

          E por último a participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.