A décima terceira edición da carreira popular Feira do Viño terá lugar esta
tarde. O prazo de inscripción pechouse na proba absoluta con 211 inscritos.
Entre todas as probas hai inscritos 330 corredores, pero os corredores que
participan nas categorias menores ainda contan coa posibilidade de inscribirse antes
da proba diante da Casa do Concello, onde está situada a saída e a meta, polo
que este número pode verse incrementado.
Ás catro e cuarto comenzará a carreira na categoría de
pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida
do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun
percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A
continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1
volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete,
cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta.
Ás cinco da tarde comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.000
metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e
feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán
de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó
lugar de partida. Neste punto comeza a segunda parte, na que os participantes
terán que completar duas voltas por un tramo do paseo fluvial.
Este ano a proba de adultos estará novamente
controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da
recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.
Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada
categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario