Hai
duas semanas os colleiteiros que acudían á Feira do viño amosábanse máis que
satisfeitos coas vendas acadadas. Falaban de record de vendas nun ano no que
tamén acadaran unha boa colleita, a pesar do que tiveran que loitar para
gañarlle a batalle aos ataques do mildeu, favorecidos por un tempo demasiado
húmido.
Hoxe eses mesmos colleiteiros, ao igual que todos os do municipio,
falan dunha vendima prácticamente feita, antes incluso de ver os acios. As
fortes xeadas destas duas últimas noites, sobor de todo a do xoves, acabaron
cunha uvas que aínda non chegaran a sair.
Temperaturas baixo cero, unidas a fortes e xélidos ventos fixeron que
os colleiteiros visen como os gromos das cepas que o día anterior lucían verdes
e que apuntaban cara unha abondosa colleita, espertasen totalmente xeados.
A calor das últimas semanas fixera que as cepas agromaran rápidamente e
en todo o seu explendor. Os viticultores preparábanse xa para os primeiros
tratamentos fitosanitarios nas viñas, e moitos deles xa comezaran coa
aplicación de xofres.
Ante o estado non que quedaron as cepas, os viticultores falan da perda
de practicamente toda a colleita. Unha gran perda para todas as familias que
aínda que non viven integramente do viño, si supón unha parte importante da súa
economía. Non en balde, a comarca quiroguesa é dende o ano 2014 a de maior
hectáreas prantadas de cepas de toda a Denominación de Orixen Ribeira Sacra,
con máis de 200 hectáreas prantadas.
A xeada non pillou de sorpresa aos viticultores, pois as predicións
meteorolóxicas levaban uns días anunciando a posibilidade deste drástico
descenso de temperaturas, pero nada se puido facer ante a inclemencia do tempo.
Os agricultores saben ben o risco que supón a xeada para as cepas e as hortas
nesta época, non en balde, dende sempre márcan a data da Santa Cruz, o tres de
maio, como a data que hai que superar para deixar atrás o risco de xeadas.
Os vitucultores falan xa da perda total da colleita deste ano e poñen
as súas expectativas en que polo menos as cepas volten a retoñar cunhas vides
que sirvan para facer unha boa poda e garantir a colleita do vindeiro ano.
A totalidade do val quedou arrasada pola xeada, as cepas ocupan a
práctica totalidade destes terros polo que a desolación é grande. Pero non foi
o único que axeou. Patacas, cabazas, tomates ou kiwis tampouco superaron os
catro graos baixo cero que se acadaron nalgún momento da noite.
Ante esta situación foi polo que a corporación municipal decidiu tomar
a decisión de solicitar, unánimemente, a declaración do val de Quiroga como
zona catastrófica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario