A
Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, visitará Quiroga o vindeiro luns
15 de maio, para ver os efectos das xeadas nos viñedos da Denominación de Orixe
Ribeira Sacra.
A visita
realízase a petición do alcalde de Quiroga, Xullo Alvarez, tras o encontro que
mantiveron a semana pasada en Santiago de Compostela; no que lle pediu á
Conselleira de Medio Rural habilitar axudas para as familias afectadas nos
terminos que se determinen.
Tamén lle
informaba do acordo da corporación municipal de solicitar ás Administracións
Supramunicipais, a declaración de “Zona Catastrófica” polos danos sufridos polo
sector vinícola como consecuencia dá enorme xeada producida na noite do 26 de
abril.
Por outra
banda, os senadores do PP por Ourense e Lugo, incluído o portavoz desta
formación política na cámara alta, José Manuel Barreiro, reuníronse coa
ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para solicitar axudas polas
desfeitas provocadas polas recentes xeadas en viñedos destas dúas provincias.
Os
senadores do PP esperan que o ministerio «leve a cabo unha avaliación completa
dos danos que permita compensar aos agricultores polas perdas sufridas nos
viñedos». De acordo coa información facilitada polo PP tras este encontro, a
ministra comprometeuse a «estudar unha rebaixa fiscal para os afectados, así
como distintas posibilidades de financiamento»..
No hay comentarios:
Publicar un comentario