Os tres
concellos da comarca de Quiroga: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, seguen
a traballar para conseguir a denominación do Xeoparque Montañas do Courel.
Co fin de
apoiar esta candidatura a pasada semana presentábaselle ás asociacións da comarca un manifesto para
acadar o seu apoio. Esta mañá reuníase ao presidente da Cámara Mineira de
Galicia e a empresarios mineiros desta comarca para presentarle o proxecto do
Xeoparque.
Na memoria
feita pública, o xeoparque ocuparía unha extensión de preto de 580 km cadrados
nos que se sinalan unha trintena de puntos de interese como minas, covas,
miradoiros, museos, fornos de cal, albarizas, petrogrlifos e formacións
naturais. O fío conductor do xeoparque estaría constituido polas covas calizas,
o pregamento de Campodola-Leixazós e os restos das minas auríferas.
Un
escaparate de todo esto é o Museo Xeolóxico, no que teñen cabida todos os
contidos xeolóxicos máis representativos da zona, ordenados dende o máis antigo
o máis moderno. Polo que parte da xuntanza se realizou nestas instalación que o
pasado ano recibiron un premio Santa Bárbara, concedidos pola Cámara Oficial
Mineira de Galicia; pola súa labor de comunicación sobre a importancia do sector mineiro para o tecido
industrial galego e o desenvolvemento da sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario