A comisión organizadora da Mostra do Aceite de Quiroga decidiu na súa última xuntanza que a XVII Edición da Mostra do Aceite de Quiroga no muíño de Bendilló terá lugar o día 28 de maio.
A data definitiva para a celebración deste evento turístico-gastronómico, que é Festa de interese turístico de Galicia, fixouse de novo para non coincidir con outros eventos de parecidas características que teñen lugar na zona sur da provincia de Lugo.
Unha vez rematado o prazo de inscrición entre os días 2 e 9 de marzo, o número de colleiteiros inscritos foi de 5. Na reunión deuse conta dos resultados das análises ás que se someteron as mostras destes cinco aceites presentados nun laboratorio especializado; a calidade das mostras concédelle a categoría de aceite virxe extra, como en edicións anteriores.
Nunha data aínda sen determinar, as mostras presentadas e analizadas pasarán por un panel de catadores locais. Este acto que se anunciará publicamente terá lugar, como en edicións anteriores, nas instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario