Centos de persoas que
abarrotaron Quiroga durante a fin de semana para participar na XXXV Feira
do Viño. Axudados polo bo tempo as rúa Real de Quiroga estivo abarrotada
durante os dous días, pero sobor de todo o sábado acadáronse cifras record. Os
oito colleiteiros participantes falaron dunhas boas ventas, incluso chegaron a
calificar esta feira como a de maiores vendas; xa que se venderon máis de 3.000
botellas de viño tinto e branco.
O momento no que máis concentración se acadou foi como sempre o pregón,
que nesta edición correu a cargo da actriz Eva Isanta, coñecida por
interpretar, entre outras, a Bea na serie de televisión Aquí no hay quien viva
e a Maite Figueroa, la Cuqui, en La que se avecina.
Eva Isanta conseguiu encandear ao público cun discurso no que non
faltaron encomios ao viño e á paisaxe da zona, e que arrincou os aplausos dos
centos de persoas que se achegaron a vela, gañándose ao público cun pregón
dedicado ás mulleres quiroguesas.
Pero se o público disfrutou do momento tamén a propia pregoeira dixo
sentirse moi agusto e sorprendida pola expectación levantada.
E unha vez máis Quiroga voltou a ser protagonista no programa Sálvame
de Tele5. O programa de Mediaset España emitido na tarde do martes fixose eco
do pregón que Eva Isanta facía en Quiroga. Sálvame naranja foi o programa de Tele5 máis visto na xornada do martes, acadando un 18% de cota de audiencia (Share), con 1.702.000 espectadores. Ademais da referida noticia ao pregón, tamén os seus colaboradores, moitos deles
pregoeiros de pasadas edicións da nosa feira do viño, nos recordaron con agarimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario