A XXXV Feira
do Viño de Quiroga arranca mañá, aínda que xa foron moitas as actividades que
se desenvolven como complemento desta festa.
Hoxe remata a Sexta Edición do concurso
gastronómico ¨Quiroga de Tapas¨ que se ven desenvolvendo dende o pasado xoves e
pola tarde disputarase a Carreira Popular.
Mañá, ás doce menos cuarto do
mediodía, terá lugar a inauguración do recinto feiral a cargo de Xosé Luis Foxo, Director e Fundador da Escola de Gaitas
e da Real Banda da Excma. Deputación de Ourense.
As doce en punto comezará o segundo
Encontro Infantil do Certame Celtibérico
de Bandas de Gaitas coa colaboración da Consellería de Cultura a través da súa
Secretaría Xeral. Minutos máis tarde todas as bandas farán un vistoso desfile
ao longo de toda a Rúa Real ata a Ppraza España onde darán comezo as
actuacións.
Xa
pola tarde os actos trasladaranse ata o Auditorio Municipal onde actuarán as
agrupacións locais, Coral Polifónica, Banda de Gaitas e Grupos de Danzas San
Martiño e Arume da Queiruga.
Ás oito e media do serán, no palco, terá lugar o pregón. A actriz Eva
Isanta, coñecida por interpretar, entre
outras, a Bea na serie de televisión Aquí no hay quien viva e a Maite Figueroa,
la Cuqui, en La que se avecina, será a pregoeira deste ano.
Ao remate do pregón terá lugar o séptimo Concurso de Camisetas. Pola noite, festa e verbena co grupo ATENAS.
E
o domingo, día 16 de abril, ás doce do mediodía, comezará unha animada alborada
co Grupo de Gaitas locais Os do Recanto
e a unha menos cuarto, na Casa do Concello, faraselle entrega os colleiteiros
dun trofeo para agradecer a súa colaboración con esta nova edición. A Festa
continuará pola tarde coa actuación da charanga EUROPA.
Os viños participantes desta edición son:
Antonio García Alvarez, de San Xulián de Abaixo. Gaspar Álvarez
Nogueira, As Medas. Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital. Antonio
Vázquez López, de San Xulián de Abaixo. José Luís Rodríguez Lago, de San Xulián
de Abaixo. María Oliva Cao Expósito, de Bendollo. Alfonso Nuñez Calvo, Novaes. E Secundino Rodríguez Sobrino, do Toucedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario