De xeito agónico, como non podía ser doutro xeito, na prórroga, cun gol de Andrés Iniesta, España foi recompensada polo fútbol logo de case un século e alcanzou a anhelada gloria do título mundial ao imporse a unha Holanda afastada do seu fútbol habitual.
España foi mellor, sen discusión. Puido gañar antes, moito antes, pero tamén puido ter perdido xa que a sorte parecía non estar da súa parte. Quedaban catro minutos, máis a prolongación, pero Holanda, sen capacidade, botada toda a perder na destrución, foi incapaz de arrebatar a gloria a unha España que foi sen discusión mellor e proclamouse máis que digna campiona do mundo.
Foron 116 minutos nos que os quirogueses sufriron, e sufriron moito do mesmo xeito que toda España, cando todo anunciaba que o mundial se decidiría na tanda de penaltis. O gol de Iniesta fixo saltar a todos os quirogueses que xa non aguantaban máis o sufrimento pegados a unha pantalla de televisión, pero todo ese sufrimento quedou esquencido neses segundos e soamente houbo que aguantar os catro minutos que quedaban para que o arbitro pitara o final do encontro e España se convertira na gañadora do mundial.
E tras o remate do partido, os quirogueses seguiron celebrando unha victoria que uniu a todos os españoles, nunha noite en que se esquenceu se se era catalán, andaluz ou galego, soamente se era español e se defendía a cor vermella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario