O Instituto de Educación Secundaria de Quiroga comenzaba esta mañá o curso 2010/2011, coa presentación do mesmo.
A diferencia doutros anos, os alumnos presentábanse hoxe de xeito escalonado. Ás once acudían ó centro educativo os alumnos de 1º e 2º da Educación Secundaria Obligatoria. Ás once e media facíano os alumnos de 3º e 4º da ESO e finalmente ás doce da mediodía acudían os alumnos de Bacharelato.
Na xornada de hoxe os alumnos foron recibidos polos seus titores e pola directora do centro, no sálón de actos; e a partir do luns xa comenzarán as súas clases co seu horario habitual.
Segundo a directora do centro, Rosa Diéguez, o número de alumnos matriculados mantense en cifras semellantes o de anos anteriores, sobre os 140, pero unha das novidades do curso será que se terán que constituirse dous grupos máis por sobrepasar o número de alumnos en dous dos cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario