A Área de Educación Social do concello de Quiroga, puxo en marcha na tarde de onte novamente o servicio de Ludoteca 2010/2011, que se prolongará ata o mes de xuño.
Nesta actividade, que onte se iniciaba coa visita da concelleira da área social, Ana Núñez, poden participar todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos, de forma totalmente gratuita.
A trintena de rapaces que comenzaron onte esta actividade están divididos en tres grupos. De cinco e media da tarde a seis e media acuden os nenos de 3 a 6 anos de idade; de seis e media a sete e media os nenos de 7 a 9 anos; e dende as sete e media ata as oito e media do serán acuden os rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario