O Concello de Quiroga, co gallo da celebración do Entroido, organiza para o día 6 de marzo un concurso de disfraces para comparsas e participantes individuais.
1.- Poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando estean integradas por dez membros como mínimo.
1.1.- Establécense os seguintes premios para a modalidade de comparsa:
* Un primeiro premio de 500,00 €
* Un segundo premio de 300,00 €
* Un terceiro premio de 150,00 €
* Cada comparsa participante recibirá 60€.
2.- Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por grupo).
2.1-Establécese un único premio para esta modalidade de 60,00 €.
3.- O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante que despois de asistir ao desfile valorará a cada comparsa menos á que representa.
4.- A saída terá lugar da Rúa das Piscinas, o domingo día 6, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura.
5.- Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
6.- As inscricións faranse na Casa da Cultura ata o día 1 de marzo , ou ben chamando ó teléfono 982435125.
7.- A entrega de premios terá lugar diante do Concello, no baile de disfraces amenizado polo DÚO FONDO TROPICAL.
8.- A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario