O Concello de Quiroga acaba de editar o folleto de presentación da programación cultural para os meses de febreiro a xuño. As actividades aquí recollidas son as alternativas que ofertamos aos veciños e veciñas de Quiroga para o tempo de ocio e lecer froito da coordinación entre os distintos servicios municipais encargados cada un deles dun sector poboacional: muller, xuventude, infancia, terceira idade, etc.
Obradoiros de distintas disciplinas, teatro , animación infantil, animación á lectura participando no Programa “Letras Vivas” da Consellería de Cultura, cursos de formación, actividades deportivas para todas as idades, música, baile etc.; un amplo abano de posibilidades para todos os quirogueses durante os meses de outubro, novembro e decembro.
Cabe salientar no eido deportivo, a intensa labor das Escolas Deportivas Muncipais, tanto nos seus entrenamentos ao longo da semana coma na participación en competicións tales como o Programa “ Xogade” da Xunta de Galicia. Resaltar tamén no ámbito deportivo a VII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga.
Na Área de Infancia, destacamos a Ludoteca, que oferta actividades os martes e xoves e na que participan nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos.
Así mesmo, reseñamos a importancia da continuidade das actividades formativas enmarcadas no “Proxecto de Apertura de Centros Educativos Fóra de Horario Lectivo”, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Univeristaria, tanto polo número de obradoiros ( informática, inglés, técnicas de estudio, teatro) coma polo amplo sector da poboación que abarcan xa que están dirixidos a nenos e nenas dende infantil, primaria e secundaria ata pais e nais.
Dentro das actividades dirixidas aos nosos maiores: baile, manualidades, ximnasia, sendeirismo e saídas culturais ,etc organizadas no Centros Social da Terceira Idade.
Pola súa banda o CIM, a maiores de rutas sendeirismo “COÑECE O TEU CONTORNO”, da organización de exposicións, e xornadas de cata, co gallo da comomemoración do “Día Internacional de Muller levará a cabo dúas iniciativas:
Unha exposición de Mulleres Pintoras, entre o día 5 e o 19 de marzo e Obradoiros de Igualdade no CEIP de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario