29 jul 2013

8, 9, 10 E 11 DE AGOSTO, FESTAS DE VERÁN DE QUIROGA


Os encargados  da organización das festas de Quiroga reuníronse novamente para seguir ultimando os actos programados para os días 8, 9, 10 e 11 de agosto.
O xoves días 8, comezarán as festas ás seis da tarde cun torneo infantil de fútbol.  A partir das oito do seán na praza España desenvolverase un festival de música e baile galego coa actuación dos grupos de danzas San Martiño e Arume de Queiruga e o grupo de gaitas San Martiño. Xa pola noite haberá unha nova actuación do programa música na rúa, nesta ocasión entre os bares As Palmeras e Porton.
O venres, día 9, a banda de gaitas San Martiño fará un pasacalles ás doce da mediodía. Ás seis da tarde continuará a desenvolverse o torneo de fútbol infantil. Ás oito da tarde, na sala de exposicións da Casa da Cultura, inaugurarase unha exposición de pintura dos alumnos do curso organizado pola Asociación Sociocultural da Comarca de Quiroga. A partir das nove e media da noite VII Festa – Merenda da Comunidade, no parque da constitución, na que por 5 € todolos participantes poderán disfrutar dunha cea a base de tres tipos diferentes de empanada, acompañada de ensalada mixta e biscoito. Ao seu remate festa co dúo local Fondo Tropical. Para rematar a xornada do venres, á medianoite na zona dos pubs desenvolverase a festa da Xuventude, na que actuarán os grupos + Iva, Los Árboles e La Banda de Fesser, e farase entrega dos premios dos certames de poesía e fotografía.
O sábado, día 10, a xornada abrirase coa inauguracióin da XXII Mostra do Mel. Entre as once e media e a unha e media representarase un fiadeiro tradicionale farase unha exhibición do traballo da madeira. Ás mediodía a banda de música de Antas de Ulla fará un pasacalles e posteriormente ofrecerá un concerto diante do concello. Pola tarde, ás sete menos cuarto, na praza España, todos os nenos poderán participar no V Concurso pinta con Xiz no Chan. E a partir das nove e media da noite festa popular coa orquestra Pontevedra e o Grupo Limón; e sobre a medianoite actuación estelar da eurovisiba Lucía Pérez.
  E o domingo, día 11; a banda de gaitas Brabán e a charanga Terras do Bibei farán un pasacalles. Pola tarde, ás seis, disputarse o Trofeo Xoiería Zafiro, no que se presentará o novo equipo do Quiroga F. C. Ás oito do serán na praza España, espectáculos de malabares, humor e novo circo a cargo de Peterpunk. O remate da festa poñerano a orquestra Fania Blanco Show e o Grupo Océano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario