Un total de 36 empresas presentaron as súas ofertas para a execución de
obras de urbanización no parque empresarial de Quiroga.
A Xunta licitou en agosto as correspondentes actuacións e o prazo para
a presentación de ofertas rematou o pasado 9 de setembro. Estas actuacións
licitáronse por un importe de 356.000 euros, cun prazo de execución
de dous meses.
Urbanizarase o polígono D do parque empresarial dado que no mesmo
existe demanda de solo e as parcelas urbanizadas están esgotadas. As obras
consistirán fundamentalmente na prolongación dun vial xa existente ata o límite
do parque empresarial, resultando 11 parcelas destinadas ao asentamento de
empresas. A ampliación contará cunha superficie de 15.736 metros cadrados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario