Quiroga segue sendo un dos municipios máis
populares do sur da provincia de Lugo, ao acadar o 64,89% dos votos emitidos na
xornada de onte, prácticamente a mesma que nas eleccións do 2012. O PP foi a
opción elexida pola maioría dos quirogueses, concretamente por 1.340. Seguenlle
a moita distancia o Partido Socialista, que con 273 votos obten un 13,22% e En
Marea que cos seus 259 votos obten un 12,54%.
A participación nestes comicios foi
alta, dun 71,44%, o que se traduce en que 2.065 quirogueses acudiron ás urnas,
nunha xornada sen incidencias, para exercer o seu dereito a voto nestas
eleccións autonómicas. Do total de votos acadados 1.340 foron para o Partido Popular;
259 para en Marea; 273 para o Partido Socialista; 95 para o BNG; 46 para Ciudadanos;
4 para o partido Animalista; 3 para Anticorrupción; 2 para Gañemos – Sí se
puede; outros dous para Recortes Cero; 1 para Converxencia 21 e outro para
Compromiso x Galicia. Ademáis houbo 13 votos en branco e 26 foron nulos.
No noso municipio constituíronse seis mesas
electorais: na mesa situada en Vilar de Lor votaron os veciños censados no Lor
Alto e no Lor Baixo. Dun censo de 254 veciños emitíronse 180 votos, un 71,26%;
deles 131 para o PP; 27 para o Partido Socialista; 14 para En Marea; 5 para o BNG; e 2 para Ciudadanos.
Houbo tamén 1 voto en branco.
Na mesa de Soldón de Sequeiros, onde tamén
votan os veciños de Montefurado, cun censo de 383 votantes, exerceron este
dereito 271, o que supón un 71,02%. Nesta mesa o PP acadou 195 votos; o Partido
Socialista 32; En Marea, 28; BNG 10; 4
para Ciudadanos e 1 para Recortes Cero. Houbo tamén 1 voto en branco.
Na primeira mesa do Centro Social, na
que votaban os veciños censados na parroquia de San Martiño con apelidos
comprendidos entre o A e o L, dun censo total de 646 recibiu 437 votos, un 69,50%.
Por partidos políticos, o PP acadou 274; En Marea, 65; o Partido Socialista 51,
o BNG 25, 7 para Ciudadanos, 1 para o partido Anticorrupción e 2 para Gañemos-
Sí se puede. Houbo tamén 8 votos nulos e 4 en branco.
Na segunda mesa situada no Centro Social, onde
votaban os apelidos dende o L ata o Z, a máis numerosa de todas, cun censo de 873
acadáronse 601 votos, o que supón un 70,68%. Nesta mesa o PP acadou 369 votos, En
Marea 84, o Partido Socialista 76, o BNG 29, 22 para Ciudadanos, 2 para o
Partido Animalista, 2 para Anticorrupción e 1 para Converxencia 21. Houbo tamén
13 votos nulos e 3 en branco.
Na mesa situada na Casa da Cultura, que
acollía os veciños das parroquias da Ermida e do Nocedo, dun censo de 200 votaron
156, un 78,50%: destes votos 98 foron para o PP; 31 para o Partido Socialista,
13 para o BNG; 11 para En Marea, 1 para Ciudadanos e 1 para Recortes Cero.
Houbo tamén 1 voto nulo.
Finalmente, na mesa situada no Centro Social
de Campos de Vila, onde votaron os veciños comprendidos entre as parroquias do
Hospital e A Seara, cun censo de 589 persoas, recolleu un 72,67%, 420 votos. O
PP acadou 273, En Marea 57; o Partido Socialista 56, o BNG 13, 10 votos foron
para Ciudadanos, 2 para o partido Animalista e 1 para Compromiso x Galicia.
Houbo tamén 4 votos nulos e 4 en branco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario