O Colexio de Educación Infantil e Primaria
de Quiroga ten aberto o prazo de admisión do alumnado para o
curso académico 2017-2018.
O prazo de presentación de solicitudes de
admisión para o novo alumnado estará aberto ata o día 20 de marzo.
O horario de atención para formalizar esta
matrícula será de luns a xoves, de dez da mañá a once menos cuarto e de unha
menos cuarto do mediodía a unha e media.Os
venres o horario será de once e media da mañá as doce e media.
Por outra banda, a Dirección da Escola Infantil Galiña Azul
de Quiroga, dependente do Consorcio e da Axencia Galega de Servicios Sociais da
Consellería de Política Social informa que está aberto o procedemento
de adxudicación de prazas nas escolas infantis para nenos con idades
comprendidas entre 0 a 3 anos ,para o
curso escolar 2017-18.
O prazo de
presentación de solicitudes estará aberto dende o 9 de marzo e
permanecerá aberto ata o 10 de abril ambos incluidos tanto para renovación como
para novo ingreso.
Para formalizar
a matrícula ou pedir máis información, os interesados poden pasar polas
instalacións da Escola Infantil en horario de 10 a 11 horas e de 15 a 16 horas de luns a
venres.
O centro
educativo de Quiroga conta con 19 prazas
, 10 son de renovación e quedarían para novo ingreso 9. O curso comezará o 5 de
setembro do 2017.
No hay comentarios:
Publicar un comentario