O
programa da TVG “Grandes Lugares”, achegouse hoxe ata Quiroga para grabar unha
nova entrega. O lugar elexido polas
cámaras da galega foi a parroquia de Hospital, onde estarán durante toda a
xornada para contar aspectos das xentes desta parroquia e falar con elas.
Grandes Lugares é un documental de entretemento, de 50 minutos que se
emite os domingos, que amosa, desde un punto de vista optimista e particular, a
historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e
peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de
vida, ás súas iniciativas orixinais, aos aspectos menos coñecidos do seu día a
día e tamén ás historias máis persoais. Os protagonistas destes pequenos
lugares, aldeas ou vilas, serán os que relaten as súas vivencias e vida social
máis representativa, desde espazos que transmiten un sentimento de pertenza, de
familia e de benestar no rural.
Un mapa de situación indicará ao inicio de cada programa o lugar
elixido, reforzando coa súa imaxe o que podería ser a priori un lugar pequeno,
e cada personaxe levará unha ficha de presentación explicando a súa relación
coa contorna; así pois, os habitantes do lugar convértense en narradores para
facer un retrato o máis fiel posible de cada localidade, da súa vida e da súa
xente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario