O Concello de Quiroga, a través da Área de Educación e Infancia, porá en marcha novamente os "Campamentos
de Verán 2017" nos meses de xullo e agosto.
Estes consistirán en variados obradoiros de: plástica, xogos de mesa,
traballos manuais, repaso escolar, inglés, etcétera. Realizarán deportes e
tamén terán tempo de lecer na piscina onde practicarán natación e diversos
xogos e xincanas na auga.
As actividades de verán están dirixidas para tódolos nenos entre 3 e 12
anos con horario de 11:00 a 14:00 horas. Deberán leva-los nenos á Casa da
Cultura na primeira hora e recollelos nas piscinas municipais. No caso de mal
tempo serán avisados para poder recollelos noutro lugar.
As persoas interesadas en inscribir ós seus fillos tan só deben pasar
pola Casa da Cultura ou chamar ó número de teléfono 982 43 51 25, onde serán
informados de todos os detalles dos campamentos e onde poderán anotar os
cativos. A data límite para apuntarse é o venres día 30 de xuño, excepto para
aquelas persoas que veñan de vacacións a Quiroga que poderán inscribirse en
calquera momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario