Nove apicultores
participarán na 26 edición da Mostra do Mel de Quiroga, que como todos os anos
se celebra o 10 da agosto, coincidindo coa feira de mercado máis importante do
ano e co inicio das festas de verán.
Os participantes
xuntaranse o venres día 4 de agosto na Casa da Cultura, para realizar o sorteo
de postos de venda e recoller as credenciais.
O programa da mostra comezará o 10 de agosto,
ás doce da mañá coa inauguración do recinto feiral, onde se poñerá a venda e
exposición o mel e outros produtos típicos da zona. Estes productos estarán a
disposición de quen o desexe ata despois do xantar.
Tralo corte de cinta
dará comezo a alborada a cargo da charanga Fuego, que se encargará de animar o
recinto feiral.
Os apicultores
participantes nesta edición son Isabel Marcos López, da Ponte Rodela; Manuel
Macía González, das Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Manuel
Rodríguez Fernández, de Centeais; Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga; Jovito
Campo González, de Fisteus; Rubén Figueroa López, de Sequeiros; Pero Soto
Losada, do Ibedo e Mª Luisa Ríos Enríquez, de Pacios de Mondelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario