As obras do Centro de Atención
Permanente a persoas maiores da Ribeira,
están rematadas. Rematáronse os habitáculos interiores, portas e fiestras colocadas, escaleiras rematadas, e
os sanitarios completos. O seguinte paso será a equipación de mobiliario.
Os últimos traballos realizados
centráronse no acondicionamento do seu entorno. Nas rampas de acceso colocouse
pedra e grava ornamental.
Con estes traballos rematados voltan a abrirse ao público as
instalación do
parque
infantil e a pista deportiva, que o concello decidiu que permaneceran pechadas
durante as épocas de obras por seguridade dos usuarios.
A partir de mañá sábado, estas instalacións maioritariamente para rapaces
e nenos voltan a estar en condicións de ser utilizadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario