O venres día 11 de agosto e dentro do
programa das Festas de Verán de Quiroga, terá lugar a 12ª edición da Festa da
Comunidade.
Como xa é habitual a festa celebrarase nas
inmediacións do parque da Constitución a partir das 21:30 e a ela poden acudir
todos os veciños ou visitantes que previamente mercaran os vales que están a
venda nas cafeterías e bares da vila, ou o mesmo dia da cea a un prezo de 6
euros.
O menú que se poderá
degustar nesta cea vai ser paella e xeado.
A festa da Comunidade dende hai xa doce
anos forma parte dos actos que o concello organiza para celebrar as súas Festas
de Verán, sendo deste xeito un atractivo máis dentro do turismo gastronómico da
nosa bisbarra.
O programa deste ano
contará de novo con música en directo no propio recinto da festa a cargo do duo
Camelia unha vez que remate a merenda, pero antes do seu inicio actuarán os
grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga e o grupo de gaitas San Martiño
ademais do mago Manuel Lamas co seu espectáculo Verán Máxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario