O
Concello de Quiroga xa ten ultimado o programa das festas de verán que se
desenvolverán os día 10, 11, 12 e 13 de agosto.
As
festas abriranse o xoves día 10 coa XXVI Mostra do Mel de Quiroga que estará
animada pola charanga Fuego. A partir da unha da mediodía comeza unha das
novidades deste ano, a Festa da
Xuventude e da Cervexa Artesá que se celebrará na praza España. A partir da once da noite estará animada pola
orquestra Aché.
O venres a banda de gaitas San Martiño fará unha alborada pola mañá e
pola tarde, a partir das sete, actuará novamente no parque da constitución
acompañando aos grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga.
O venres contarase tamén cunha actuación do mago Manuel Lamas no parque
da Constitución, co seu espectáculo “Verán Máxico” xusto antes do inicio da XII
Festa da Comunidade, que rematará coa actuación do duo Camelia.
O sábado, día 12, pola mañá o grupo xuventudes musicais de Sober fará
unha alborada e dará un concerto diante da casa do concello. Pola tarde a praza
España acollerá un espectáculo infantil a partir das oito do serán con Troula
Animación co espectáculo Uxía Lambona e a banda molona.
A festa popular correrá da man da orquestra Grupo Limón e o grupo
Atenas. Ás doce e media concertó de música tradicional a cargo do grupo A Roda.
O
domingo ao mediodía un novo espectáculo de animación de rúa a cargo de Paporrubio,
nesta ocasión A Danza dos Paxaros. E pola tarde unha nova entrega do Concurso
pinta con xiz no chan. A festa desta xornada virá da orquestra La Oca band e o
grupo Samba; ademais dun concerto a cargo da Década Prodigiosa.
Durante
estes días tamén haberá actividades deportivas, co III Torneo de Street Soccer;
coa presentación do Quiroga nun encontro o venres e coa disputa dun encontró de
veteranos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario