Totalmente derrubadas as antigas vivendas dos mestres e acondicionado xa o terreo que ocupaban. A zona permanecía
valada dende o pasado mes de febrreiro, cando se produxo un buraco no teito
dunha das vivendas.
Tras detectarse o buraco, de máis de catro metros cadrados, os técnicos
aconsellaron extremar as precaucións para evitar que, en caso dun derrube ou un
desprendemento, os cascotes poideran alcanzar a algún peón ou vehículo. A
situación era especialmente delicada porque as vivendas estaban situadas xunto ao
colexio público e pola zona pasaban a diario os escolares que se dirixían ao
centro.
As
vivendas dos mestres de Quiroga estaban compostas por unha decena de pisos
situados nun mesmo bloque e con dous portais de acceso. Cada un deles cuns 80
metros cadrados de superficie. Agás unha que seguía estando habitada ata que se
produxo o derrube, estaban deshabitadas dende os anos 90.
O edificio no que se produxo a caída de parte do tellado era propiedade
do concello, non así o contiguo, que estaba pendente de que pasase a mans
municipais, unha vez se xubilara o mestre que o utilizaba.
O Concello expuxo en varias ocasións a necesidade de tomar medidas
cunhas construcións cuxa deterioración avanzaba e incluso chegou a abordar co
Instituto Galego de Vivenda e Solo a posibilidade de reconvertelas en vivendas
sociais. Proxecto que non chegou a materializarse.
A corporación municipal ten a intención que o terreo que vai quedar
baleiro serva de zona de aparcamento ou acampada mentres non se atope outra
utilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario