As festas de Quiroga abrironse esta mañá coa XXVI Mostra do Mel de
Quiroga. Na tarde de onte, na casa da cultura, os nove apicultores inscritos
realizaban o sorteo de casetas e recibían as credenciais para participar na
mostra.
Na xuntanza tamén se falou do prezo ao que se poñerá á venda o mel, que
finalmente quedou fixado en 8 euros para o tarro dun kilo e de 4,50 para o de
medio kilo.
Hoxe, ás doce da mediodía, inaugurábase oficialmente a feira. Unha vez
máis os encargados de cortar a cinta inaugural foron os propios apicultores,
acompañados dos membros da corporación municipal.
Non faltou a música no recinto feiral, xa que dúas charangas
encargáronse delo, a charanga do Padre José e a charanga Fuego.
Tamén a unha da mediodía comezará unha das novidades deste ano, a Festa da Xuventude e da Cervexa Artesá que
se celebra na praza España. A partir da
once da noite estará animada pola orquestra Aché.
Mañá venres a banda de gaitas San Martiño fará unha alborada pola mañá
e pola tarde, a partir das sete, actuará novamente no parque da constitución
acompañando aos grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga.
O venres contarase tamén cunha actuación do mago Manuel Lamas no parque
da Constitución, co seu espectáculo “Verán Máxico” xusto antes do inicio da XII
Festa da Comunidade, que rematará coa actuación do duo Camelia.
O sábado, pola mañá o grupo xuventudes musicais de Sober fará unha
alborada e dará un concerto diante da casa do concello. Pola tarde a praza
España acollerá un espectáculo infantil a partir das oito do serán con Troula
Animación co espectáculo Uxía Lambona e a banda molona.
A festa popular correrá da man da orquestra Grupo Limón e o grupo
Atenas. Ás doce e media concertó de música tradicional a cargo do grupo A Roda.
O
domingo ao mediodía un novo espectáculo de animación de rúa a cargo de Paporrubio,
nesta ocasión A Danza dos Paxaros. E pola tarde unha nova entrega do Concurso
pinta con xiz no chan. A festa desta xornada virá da orquestra La Oca band e o
grupo Samba; ademais dun concerto a cargo da Década Prodigiosa.
Durante
estes días tamén haberá actividades deportivas, co III Torneo de Street Soccer;
coa presentación do Quiroga nun encontro o sábado e coa disputa dun encontró de
veteranos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario