Quiroga acollerá mañá
sábado a IV Festa Castrexo Romana, o Qui-Roma.
Este ano contarase con varias novidades,
entre elas a "I Ruta de Cabalos Qui-roma", organizada polos
cabaleiros do val, que comezará ás dez da mañá. Ás once abrirase o mercado
Qui-romano. Ao longo de toda a mañá haberá obradoiros infantis, exposición de
maquetas elaboradas polos alumnos do CEIP, unha mostra artesanal de cantería, paseos
en burro para os nenos e desfiles da Garda romana Lucus Equites. Tamén actuarán
a banda de gaitas San Martiño, o grupo Os Palletas e os gaiteiros castrexos
“Brabán”.
Xa pola tarde, ás cinco
presentarase o libro “Toca el oro de Gallaecia, de Sonia María García García. Haberá
escola de gladiadores para os máis pequenos con loitas e xogos tantos infantís
como para adultos.
Chegará dende Roma o Mago
Charly Braun co seu espectáculo de maxia e humor que ofrecerá ó público
qui-romano. As oito e media está previsto o desfile Quiromano ao longo de toda
a rúa Real e o seu remate a loita de gladiadores. E a Batucada XITUME de Xinzo
de Limia que animarán o IV Qui-Roma.
Especialistas en lume
chegados dende Portugal e que participaron no programa de televisión GOT TALENT,
actuarán a partires das 23:30 da noite, para dar paso a festa coa disco móvil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario