Dentro do Proxecto do Xeoparque Mundial da
Unesco Montañas do Courel, organízase unha xornada de difusión do patrimonio
xeolóxico e gastronómico que terá lugar o vindeiro luns día 20 de agosto na
Casa de Cultura de Quiroga.
O acto comezará a partir das oito do serán coa
intervención de Enrique Díaz Martínez, quen falará de que é, para que serve e
onde atopar o patrimonio xeolóxico. Deseguido será o investigador Daniel
Ballesteros quen tratará As rochas das Montañas do Courel, os nosos recursos
máis sólidos.
As nove e media terá lugar a presentación do
libro Las Montañas de o Courel: una geología muy humana. A xornada rematará
cunha cata de viños xeolóxica.
Todo aquel que desexe participar nesta xornada pode anotarse canto antes, xa que o límite de
prazas está pechado a 50 persoas. As inscricións poderanse facer no correo
grupogdr8@yahoo.es ou tamén no número de WhatsApp 609 81 49 25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario